Centro de Cultura Libertária - Rua Cândido dos Reis, 121, 1º Dto. - Largo dos Bombeiros - Cacilhas - Correspondência: Apartado 40 / 2800-801 Almada - ateneu2000@yahoo.com
voltar à entrada...

Centro de Cultura Libertária

A Europa que está a construir non é a Europa social e aberta que esiximos os traballadores e as traballadoras e povos europeus. É a Europa do Capital e a desigualdade, do retroceso dos direitos laborais, sociais e civís en aras de novas leis ao servizo dos grandes capitais e corporacións multi-nacionais. Esta é a Europa que rexeitamos.

Coincide a Presidéncia española da UE coa nacemento do símbolo mais descarado de esa Europa indesexada : o euro. Nos próximos seis meses do ano 2002, celebraran-se a todo o longo da xeografia española reunións significativas dos ministros de cada un dos estados membros da Unión Europea, contra as que dirixiremos as nosas protestas. En Santiago de Compostela, reuniran-se os dias 13, 14 e 15 de Febreiro os Ministros de Interior e Xustiza, dos que a sua
xestión represiva representa un dos pilares mais firmes de esa Europa do Capital.

Unha Europa que multiplica cada ano as inxustícias no seu território e as agresións e o expólio neo-colonialista de numerosos países no exterior. Esta política europea -vasala dos Estados Unidos, e do Fondo Monetário Internacional, da Organización Mundial do Comércio do Banco Mundial en definitiva dos intereses das grandes multinacionais capitalistas- é a responsaábel directa de que, nestes momentos, mais de mil millóns de persoas malvivan na mais brutal das
misérias e que mais de 35000 nenos e nenas morran cada dia, vítimas da fame e a
desnutrición crónicas. Mais tamén, que millóns de xovens europeus suporten o paro estrutural e teñan traballos precários, mal pagos e peor tratados, que se explote criminalmente a decenas de millóns de imigrantes e que os traballadores no seu conxunto perdan cada dia direitos laborais, sociais e económicos, que custara un enorme esforzo conquerir.

Europa construe-se como unha fortaleza contra os imigrantes de outros países. Unha fortaleza sanguenta, responsábel de centos de mortos e miles de persoas secuestradas nos centros de retención.

Por esta razón, a Europa do Capital precisa apoiar-se nun reforzado sistema penal, policial e carcerário no interior en un euro-exército (ou "vasallaje" no seio da OTAN), que actue como criminal polícia internacional.

A globalización afecta moui sensibelmente à populación penitenciária pois está a importar-se o modelo americano, grandes macro-cárceres, completamente afastadas das cidades, con un rexime de vida de explotación laboral, e en igual medida está a exportar-se o modelo español ou catalán, con os módulos de isolamento 23 horas ao dia FIES-DERT. O exemplo último desta globalización na cadeia temo-lo en Portugal, onde ven de instalar-se o aillamento inspirado no modelo español do FIES (ficheiro de internos de especial seguimento).

Neste contexto, no que os Ministérios do Interior e Xustiza de Europa levan tempo perseguindo con saña a todos aqueles que, por defenderen unha Europa social e aberta, declaramo-nos disidentes desta outra Europa do Capital, funesta para todos e todas, tanto para os que nos tocou viver en ela como para os que a sofren en outras rexións do planeta. Para essa represión, recurre-se tanto à represión gratuita de manifestacións pacíficas, como à detención, penalización e imposición de castigos arbitrários, cando non directamente ao terrorismo de estado.

Sen esquecer, que, para levar a cabo esta política servil à patronal mundical, necesitan tamén aseguraren-se o controlo e cumplicidade absoluta da prensa, rádio e televisión. As grandes empresas da comunicación, cumpren o papel de poderosos e eficaces axentes que, ante unha poboación aturdida pola sua faladuria e infames espectáculos, disimulan o desmantelamento dos direitos laborais, sociais e políticos no interior de cada país, así como os crimes internacionais que se cometen no seu nome.

Por todo o dito, movilizaremo-nos en Compostela os dias 13,14 e 15 de Febreriro, como antes o fixemos en Praga, Bruxelas, Xénova, Götemburgo, Barcelona,Niza... para recharzar que calquer persoa sexa desposuida dos seus direitos, resistir os ataques frontais da patronal aos traballadores e traballadoras, impedir a extorsión aos povos e, en definitiva, construir un mundo mais xusto e socialmente igualitário.

MANIFESTACIÓN DIA 13 FEBREIRO

ÀS 20 HORAS PRAZA DE VIGO-Compostela

@S LIBERTARI@S

Unión, Acción, Autoxestión, contra a sua globalización