Home Biblioteca Actividades Novidades Links Especiais

   

Guia anti-repressiva

 

Esta recopilación de textos foi elaborada pola Asociación PreSOS Galiza, para ser publicitada pola Plataforma Galega por unha Europa Alternativa, a partires de textos propios recollidos na "Guia para afrontar a Represión (preSOS ano 2001)", no Manual contra a Represión (Colectivo Garibaldi ano 1999), na Guia de Dereitos (Asociación Salhaketa-Iruña 1998) e no libro Dereito Penal ao Alcance de Tod@s, (José Luis Segovia Bernabé 1999).

SE TE PARA A PASMA

No caso de que a policia te pare para identificar-te e che pida a documentación, non te podes negar, xa que si non a ensinas póden-te "reter", o que significa que te levarán a comisaría para te identificar (art. 20 LSC). E se te negas de xeito expreso ou te resistes póden-che aplicar o art. 556 do C.P. por desobediéncia á autoridade. A pesares de que che piden a documentación cando lles peta, ti debes exixir que te expliquen o motivo, que somentes pode ser para a indagación ou prevención dalgún delito e cando sexa necesário para o restablecemento da orde pública, a seguridade cidadán ou a pacífica convivéncia, nunca por rutina... Non lles deas facilidades, procura que che dean todas as explicacións posíbeis, ainda que esto pode acarrear un posíbel cacheo como replesalia pola tua actitude. Tampouco te podes negar a isto, debendo estar igualmente motivado.
A pesares de ser unha técnica policial habitual para controlar e amedrentar, procura que sexa tan desagradabel para el@s como para ti. Habitualmente acostuman facer preguntas ás cales non tes a obriga de respostar, canta menos información lles facilites mais preservarás o teu direito á intimidade (art 18.1 C.E.).

DETENCIÓN E RETENCIÓN

No caso que a pasma te obrigue a ir con el@s, debes exixir que che explique os motivos, que non poden ser outros que:
1º No caso de "acompañamento" para identificar-te en dependencias próximas, e polo tempo estrictamente necesário. Neste caso non teñen direito a facer ningún tipo de ficha, nen fotografía, e moito menos facer-te espir e obrigar-te a facer flexións ou outro tipo de rexistros corporais. No caso de que o fagan debes denuncia-lo tanto penalmente como publicamente.
2º Cando teñan motivos "racionalmente suficientes" para crer que participaras en algún delito, ou te negaras de xeito expreso a te identificar (art 492 L.E.Cr.).
3º Ou ben cando estés a punto de cometer un delito, o estes cometendo ou estés fuxid@ (art 492 L.E.Cr.). Nestes casos a detención pode leva-la a cabo calquer cidadán (art 490 L.E.Cr.).
A detención deben face-la do xeito que menos perxudique a tua persoa, reputación e patrimonio (art 520.1º L.E.Cr.)
No mesmo momento da detención deben-che informar de xeito comprensibel de:
-Os teus direitos (art 520.2 L.E.Cr.)
-As razóns da detención e especificar os feitos de que te acusan (art 17.3º Const. e art 520 .2º L.E.Cr.).
Segundo a pena que indique a lei para o suposto delito polo que te deteñen, poden darse tres casos:
1. Que sexa maior de 6 anos de cadea, no cal permanecerás baixo custodia policial até a tua presentación ante @ xuíz/a.
2. Que non supere os 6 anos de cadea. Entón a policia tomará-che a identidade e a entregará ao xuíz, deixando-te libre.(art 493 L.E.Cr.). Ainda así, poden non te deixar livre se polos teus antecedentes ou as circunstancias do feito, pensen que non vas comparecer ante @ xuíz/a cando sexas chamad@. Más, mediante o pago de fianza poderás sair en liberdade. (art 492 L.E.Cr.).
3. En ningún caso te poderán privar de liberdade se te acusan de faltas, é dicer, con penas leves (art 33.4 C.P.), salvo que non teñas enderezo coñecido ou non deposites, no seu caso, a fianza suficiente (art 495 L.E.Cr.). Se non hai motivos para a detención, a pasma pode tomar nota da tua identidade e do teu enderezo (art 493 L.E.Cr.), pero nada mais. Tampouco poden sacar-che a liberdade nos casos recollidos na Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadán, sendo as mais habituais:
-O consumo de drogas en lugares, vias, establecimentos ou transportes públicos
-Desobedecer os mandatos da autoridade
-Orixinar desordes públicos ou causar danos graves aos bens de uso público
-A celebración de manifestacións sen autorización.
Para saber se alguén está detido, póde-se telefonear ás comisarías ou cuartelillos da pasma na que poda parecer mais lóxico que se atope @ detid@. Se ista xestión non dese resultado, póde-se chamar por teléfono ou presentarse no Servicio de Asistencia ao Detido, do Colexio de Avogados correspondente, xa que a pasma, en teoria, ten que comunicar-lles todas as detencións.

DETENCIÓN ILEGAL

Calquer outra detención ou privación de liberdade ("retención"), constitúe delito, posto que se realiza sen as mínimas garantias (art 163 C.P.).Polo que é fundamental preguntar insistentemente se se está detid@ ou non e porqué, para así:
-No caso de estar detid@ saber a que atener-se, tes direitos...
-No suposto que che pidan a documentación, preguntar que delito ou que falta se quere impedir ou a infracción que se quere sancionar, pero sen negarte nunca a identificar.
-En calquer outro caso, exixir a posta en liberdade, pedir o Habeas Corpus e en todo caso denuncia-lo posteriormente. Debe denunciar-se xudicialmente e públicamente (art 17.1 Const. e art 489 L.E.Cr.).
-Se non tes o D.N.I. ou outro documento acreditativo, podes acreditar-te de xeito oral, e só no caso que esta non satisfaga aos pasmas, poderán facer que os acmpañes para te identificar.
No caso de que algunha persoa presente unha detención e estea interesada, pode presentar-se na comisaría para ser informada de como se atopa @ detid@, o delito que lle acusan, cando lle tomarán declaración e o momento de pasa-l@ ao xulgado. Nos casos de detención convén facer manifestacións ou outras accións, que alguén se preocupe polo estado d@ detid@ e incluso solicitar vel-@ ainda que normalmente nunca deixan antes da declaración. Despois si soen deixar visitar aos familiares, xeralmente baixo vixilancia policial. Poden permitir levar-lle comida leite e bebidas en envases que non sexan de cristal, saco de durmir, etc.
Se estas detid@, deben entregar-te unha folla informativa dos teus direitos, a cal debes asinar, preferiblemente despois de habe-los exercitado, é entón cando a detención é fornal para @ detid@.

OUTROS REXISTROS E CONTROIS

1. Só che poden exixir a identificación de xeito individual, e a petición debe ser personalizada. É dicer, todo control "rutinario" ou todo rexistro indiscriminado ou inxustificado de papeis e efectos, agás que sexa co teu consentimento ou por resolución xudicial é consecutivo de delito (art198 C.P. e 576 e 550 L.E.Cr.).

En todo momento o trato debe ser correcto e en todas as intervencións deberán-che proporcionar información cumplida e tan ampla como sexa posibel, sobre as causas e finalidade das mismas (art 5.2 L.O. 2/86 de 1 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado). A pasma pode facer controis de identificación en vias, lugares ou establecimentos públicos para o descubrimento e detención da xente que participou nun feito delito que cause grande alarma social e para recollida dos instrumentos, efectos ou probas do mesmo, podendo realizar:
-Comprobacións de identidade individual.
-Rexistros de vehículos.
-Control superficial dos efectos persoais (superficial e só dos efectos non da persoa), co fin de comprobar que non levan sustancias ou instrumentos prohibidos ou perigosos.

2. Algúns consellos prácticos.
Ante toda conducta ou control irregular:
a. Pedir unha explicación dos motivos do control
b. Pedir o carnet de policia ou placa (sobre todo nalgúns controis para evitar un posibel impostor).
Estan obrigados a identificarse sempre (art 5.3 L.O. 2/86).
c. Se se negan a dar explicacións ou ensinar a sua documentación e queres denunciar os feitos:
- Recolle o meirande número de dados para posterior identificación d@s pasmas.
- Recolle os dados do control: tipo, lugar, hora e características.
- Recolle os dados do vehículo.
- Procura a presencia de testemuñas. A sua presencia e a situación psicolóxica persoal, son determinantes para a conducta a seguir.
- Denuncia calquer irregularidade ou mal-trato no xulgado.

ESTANCIA EN COMISARÍA

O isolamento que supón a propria estancia en comisaria, é sempre un factor que xoga en contra tua.
Para elo podemos facer prevalecer unha serie de deritos cidadáns:

1. Tes direito a elexir abogado, se non se che designa un de oficio (art 17.3º Const. e 520.2c e 527 L.E.Cr.).

2. Tes direito a non declarar contra tí mesm@ e a non declarar-te culpabel (art 24.2 Const. e 520.2b L.E.Cr.).

3. Tes direito a non declarar ou a non respostar algunha pregunta ou a declarar só ante o xuíz (art 17.3 Const. e 520.2a L.E.Cr.).

Pode ser importante non declarar en comisaría porque:
-Non declarar da posibilidade de falar directamente c@ abogad@, en entrevista reservada. Podes denuncia-lo se non che deixan.
-Non declarar non é perxudicial para o desenvolvemento do proceso legal. Pode ser incluso beneficioso para ti.
-Hai mais posibilidades de reflexionar sobre os acontecimentos e a actitude a seguir.
-Ademais, así deberán pasar-te canto antes ao xulgado e a "non declaración" poderá convertirse nunha denuncia continuada do papel que cumpre a detención policial e en especial das condicións de incomunicación.
Ti debes xulgar se vas recoñecer os feitos imputados ou non, mas non declarar é un direito. Non hai que contradecir-se nunca. Entón para facer valer ese direito a non declarar, o mais seguro é que respostes con obstinación: "NON TEÑO NADA QUE DECLARAR" (dicer "non sei" ou "esquencinme" é xa entrar no seu xogo).
3. En todo caso, @ avogad@ debe estar presente en calquer declaración ou recoñecimento de identidade (art520 L.E.Cr.). Más é práctica corrente a realización de interrogatorios sen @ avogad@, practica que é delictiva (art 537 e 542 C.P. e L.E.Cr.).
Se estás detid@ podes entrevistar-te reservadamente c@ abogad@ tras o remate da dilixencia na que interviras, ainda que esto non vale para os incomunicados (art 520-6 e 527c L.E.Cr.). Amais é importante falar c@ avogad@ tras a practica das dilixencias policiais. Se non aparece-se @ avogad@ podes negar-te a que che practiquen calquer recoñecimento de identidade, ademais de non declarar. (art 520-4 L.E.Cr.).

4. A pasma ten a obriga de poñer en coñecimento da persoa que desees, o feito da detención e o lugar onde te atopas (art 520.2d e 527 L.E.Cr.). Tamén poderás comunicar-te, agás que afecte ao segredo e éxito do sumario, cun crego da tua relixión, un médico privado e parientes ou amigos (art 523 L.E.Cr.). Estes direitos non se recoñecen para @s incomunicad@s (art 527 L.E.Cr.).

5. Se estiveras moi seguro do que queres declarar podes facer valer os seguintes direitos:
-Direito a dictar a declaración (art 397 L.E.Cr.).
-Direito a suspender a declaración e a descansar se houbeses perdido a serenidade (art 393 e 394 L.E.Cr.). A lei establece que as preguntas do interrogatorio deben ser direitas e non ter ningún ponto enganoso (art 389 L.E.Cr.).
-Poderás ler a declaración e senon, a lerá o Secretário (art 402 L.E.Cr.).Sempre que declares algo tes que reler atentamente a declaración e face-la rectificar se fora preciso (anque sexa engorroso para todos).
-Na declaración deben constar por escrito, integramente, todas as preguntas e respostas.
-Direito a decarar na lingua do Estado que ti desexes (art 3.1 e 2 Const.)
-Direito, se es extranxeir@, de seren asistid@ por interprete gratuitamente e a que se comunique ao teu consulado a detención e o lugar onde te atopas (art 520.2e e d L.E.Cr.)

6. Duración da detención. Antes de transcurridas 24 horas dende a tua detención, a pasma debe comunica-la ao xuiz, do contrario incurrirían en delito (art 187.1 C.P.). As veces esta é unha practica que non se realiza, o cal pode denunciar-se. A detención non poderá durar mais do tempo estrictamente necesario para a realización das averiguacións tendentes ao esclarecimento dos feitos, e en todo caso, en 72 horas debes pasar a disposición d@ xuíz/a (art 17.2 da Const. e 520.1 L.E.Cr.), o prazo pode prolongarse 2 días mais, até un máximo de 5 días.

7. Condizóns durante a detención:
-Tes direito a alimentación e estancia dignas (art 19, 20, 21, da L.Org.Pen.).Podes denunciar todas as deficiencias alimenticias, de hixiene, de espazo e outras, así como as irregularidades relacionadas cos seguintes pontos:
-Poderás procurar polos teus medios, as comodidades (art 522 L.E.Cr.).Esto non vale para @s incomunicad@s (art 524 e 527 L.E.Cr.)
-Non haberá medidas extraordinarias de seguridade, tales como ter-te esposado, agás nos casos de desobediencia, violencia ou rebelión, ou cando intentaras ou fixeras os preparativos para fuxir. En todo caso tales medidas durarán o tempo mínimo imprescindibel (art 525 L.E.Cr.)

DECLARACIÓN NO XULGADO

Declara-se ante @ xuiz/a, mas as veces fai-se ante o oficial do xulgado que mecanografía a declarazón. Tes direito a exixir que queres declarar ante @ xuiz/a en persoa.
Tes os mesmos direitos que na declaración en comisaria, polo tanto non tes que declarar-te culpabel, nen declarar na tua contra. Na declaración debe estar presente un/unha avogad@ de oficio ou particular. Se a declaración non recolle exactamente o que queres dicir, debes insistir que o poñan como ti queres.
Se declara-ches na comisaria o normal é que che lean ou che deixen ler a tua declaración para ver si estas conforme. Despois de le-la podes ratifica-la, pedir que se engada algo novo ou que se modifiquen cousas coas que non estas de acordo.
Tamén é o momento de facer constar todas as irregularidades que se produciron durante a detención policial (recoñecimentos irregulares, torturas, ameazas, petición de Habeas Corpus non tramitada, etc.).
En calquer momento queres ampliar ou rectificar algo, estando libre na rua ou pres@, tes direito a solicitar @ xuiz/a que desexas volver a declarar. Esto podes face-lo cantas veces queras.
No xulgado podes solicitar que te vexa un médico forense. Esto é importante cando existiron malos tratos e quedan lesións ou se és toxicóman@...


SE ÉS MENOR DE IDADE

E te deteñen por cometer un delito:
· Se tes menos de 14 anos non hai procedemento xudicial, o mais que che poden facer é tomar medidas de protección.
· Se tes entre 14 e 18 anos chamaran-te da fiscalía de menores.
· Se tes entre 18 e 21, o primeiro xulgan-te coma un adulto e poden impoñer-te penas, incluso cárcere.


MALOS-TRATOS E TORTURAS


Incurre en delito @ funcionari@ públic@ ou autoridade que, abusando do seu cargo, e co fin de obter unha confesión ou información de calquera persoa, a sometera a condicións ou procedementos que pola sua natureza, duración ou outras circunstancias, lle supoñan sofrementos físicos ou mentais, a supresión ou disminución das suas facultades de coñecemento, discernimento ou decisión, ou que de calquera outro modo atenten contra a sua integridade moral (art 174.1 C.P.)
-Incurre en delito @ funcionari@ ou autoridade que, a sabiendas, impida a unha persoa o exercicio de outros direitos cívicos recoñecidos pola Constitución e as leis (art 542 C.P.).
-Incurre en delito @ funcionari@ que, faltando aos deberes do seu cargo, permitira que outras persoas executen os feitos (art 176 C.P.).
É fundamental á hora de denunciar:
· Que sexas recoñecid@ pol@ médic@ forense ou @ da comisaría ou outr@ dependente da administración pública (art 520-2f L.E.Cr.).
· Fixa-te no meirande número de detalles sobre a identidade d@s pasmas, lugares a onde te levan, horario da detención, etc.
· Denuncia calquera clase de mal-tratos, sinalando ante @ avogad@ @s responsables que estean presentes.
· No caso de calquer irregularidade pide o Habeas Corpus.
· Se existiron irregularidades, antes de asinar a declaración e en presencia d@ avogad@, solicita ver a documentación d@s pasmas, para ver se os seus números coinciden cos que aparecen no acta. Teñen obrigación de amosa-la.
· Pide a presencia d@ medic@ se existe calquer mal-trato físico ou psiquico ou se estás baixo o síndrome de abstinencia. Se che denegan ese direito fai-no constar na declaración, en presencia d@ avogad@.
· Se es traladad@ a unha comisaría lonxe ao lugar dos feitos, pide o Habeas Corpus de xeito inmediato.
· Se nun traslado a un hospital te esposan na cama, denuncia-o, pois esta practica, aínda que é legal, só debe practicar-se nos casos de extrema perigosidade d@ detid@, debendo motivar expresamente esta medida.

HABEAS CORPUS

O Habeas Corpus é un procedemento de posta a disposición xudicial en caso de detención ilegal, abarcando tamén os casos en que non se respetaran os direitos d@s detid@s (art 1 e 3 de L.Org. 6/84). Cando a acusación é de pertencer a bandas armadas, debera-se solicitar ao Xulgado Central de Instrucción (L.O. 4/88)
A concesión Habeas Corpus, supón a posta a disposición inmediata ante o xuiz:
-Cando na detención non se cumpliran os requisitos legais para leva-la a cabo.
-Cando @ detid@ sexa internad@ de xeito ilícito en calquer establecemento ou lugar.
-Cando @ detid@ estivera mais de 72 horas nas mans da pasma.
-Cando se vulneraran algúns dos direitos d@ detid@ (interrogatorio sen avogad@, torturas, etc.).
Quen pode solicitalo?
Toda persoa detida, ou @ compañeir@, os pais, fillos ou irmáns, cando na detención non se cumpliran os requisitos legais ou non se respeten os direitos que lle corresponden (art 1º e 3º L. Org. 6/84 do 24 de maio).
Solicíta-se mediante escrito ou comparecencia ante @ xuiz/a, detallando:
-Nome e circunstancias personais d@ solicitante e da persoa para a que se solicita. Polo tanto é moi importante que as persoas non detidas e que se interesen pola situación d@ detid@, o soliciten en caso necesario.
-Lugar onde está detid@ e outras circunstancias.
-Motivo da solicitude, que pode seren calquera das devanditas.
É interesante solicitalo, pois en ocasións reduce a estancia na comisaria, en especial cando te negas a declarar en comisaria.
Non é necesaria a intervención de avogad@ ou procurador/a, e a autoridade está obrigada a pór inmediatamente en coñecimento d@ xuiz/a competente a solicitude.
Unha vez solicitado o Habeas Corpus, @ xuiz/a ve se hai motivos para que prospere, e se os hai, ordena á pasma que inmediatamente traiga @ detid@ ante ela ou el. Tamén pode, @ xuíz/a, presentar-se na comisaria ou lugar de detención. Tomará declaración @ detid@, @s pasmas e testemuñas, e decidirá calquer de estas tres medidas:
a) Deixar in liberdade @ detid@ se foi detid@ ilegalmente.
b) Acordar que continúe detid@, pero en outra dependencia policial ou baixo outr@s pasmas.
c) Que quede a disposición xudicial.

COMO FACER UNHA DENUNCIA

-A denuncia podes face-la oral ou escrita (art 265 L.E.Cr),o mellor é leva-la escrita xa que os funcionarios soen resumir o que queres manifestar. Podes face-la personalmente ou a través dun terceiro con poder especial (art 265L.E.Cr.). En todo caso debes asina-la, e se non sabes debe asina-la outra persoa (art 266 e 267 L.E.Cr.).
-Na denuncia debes pór todas as noticias que teñas sobre o feito denunciado e as suas circunstancias. Por exemplo: datos d@s autores, de testemuñas, do lugar e hora,etc. (art 267 L.E.Cr.).
-Podes presentar-la ante o xulgado de instrucción mais achegado Garda o resgardo que acredite a presentación da denuncia (art 268 L.E.Cr.)